ELECTROFAUNA: Roteiro interpretativo polo Monte Pedroso para o recoñecemento dos sons e os hábitats das nosas especies autóctonas
Día: domingo 24 de outubro
Horario: 17:30h - 21h
17:30h: xuntanza no punto de encontro que será achegado ás persoas participantes por correo electrónico e reparto de "víveres"
18h - 21h: roteiro
Contido: Roteiro interpretativo para todos os públicos polo Monte Pedroso para o recoñecemento dos sons e os hábitats das nosas especies autóctonas.
Indicacións:
- Os menores participantes deberán estar acompañados en todo momento por unha persoa titora acompañante que ao comezo da actividade asinará a correspondente a autorización.
- Recomándase levar chuvasqueiro, roupa cómoda e calzado de montaña ou campo como botas ou zapatillas.
- Aconséllase levar un teléfono móbil con lanterna ou unha lanterna.
- Aconséllase levar descargada a aplicación "plantnet" no teléfono móbil para a aprender a empregar as novas tecnoloxías de cara ao recoñecemento de especies.
- Aconséllase levar mochila para portar os "víveres" que aportará Electrofauna para o roteiro.
Por favor, antes do roteiro le con atención as seguintes indicacións:
A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo:
- Non se autorizarán cambios de titularidade, ampliacións, reducións, nin devolucións das entradas reservadas.
- Limpeza e hixienización de mans antes do roteiro.
- Especial atención ás indicacións do persoal.
- A ser posible manterase a separación de seguridade interpersoal de 1,5m.
- Non asistir ao roteiro se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir á actividade.
- A Organización resérvase o dereito a solicitar o abandono da actividade daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do roteiro.